17. Manuel Ferreiro (1995): Gramática histórica galega
Resumo
Chega este manual de gramática histórica galega de Manuel Ferreiro oitenta e seis anos despois de que en 1909 Vicente García de Diego publicase en Burgos os seus Elementos de Gramática Histórica Gallega (1909). Neste dilatado período de case un século non se deu ó prelo ningunha outra obra de semellantes características e alcance, inda que si se achegaron algunhas sínteses ou valiosísimas contribucións de distinto tipo que paga a pena recordar.